A Julio Seijas – O
Perruqueiro de Lugo.
Conocí a Julio hace
ya muchos años, si no recuerdo mal, durante unas jornadas de AEMS celebradas en
Sarria. Ya había oído hablar del peluquero de Lugo tiempo atrás. En dichas
jornadas, sin muerte, me tocó pescar en el coto de Frollais, y la jornada fue
mas que aceptable, el recuerdo que me queda de ese momento fue cuando Julio me
dijo que zona pescase y que mosca, un tricóptero rojizo que luego me dio buenos
resultados en Frollais y en el Coto de Covas (río Neira).
Pasado el tiempo
volví a coincidir con Julio a través de nuestro común amigo Miguel Seoane y
comenzó a nacer una sana amistad y por mi parte una gran admiración hacia
Julio, por su nobleza, simpatía y sobre todo en este mundo de “coleiros” por su
simpleza al hablar de la pesca con cola de rata.
Andaba yo, años
después, haciendo unos pinitos en algunas revistas de pesca movido por mi
pasión en la pesca a mosca en el mar,
momento, en que en una cena en Parga, creo recordar (cosas de la edad), nos juntamos con nuestras parejas Julio,
Miguel y yo. Recordaré que le dije a Julio porque no escribía él algún artículo
para alguna revista, que yo le ponía en contacto con uno de los directores,
concretamente con Quico Carrión, y su respuesta, mas que humilde fue “bufffff,
que va hombre, eso es para vosotros, que sabéis
hacer esas cosas pero yo no soy capaz, a mi me sacas de pescar y ya
nada, jajaja”…….El tiempo, los años fueros pasando en otro momento Julio divide
su local de Peluquería y monta una pequeña tienda de pesca…..ahí compre mi caña
para entrenar una Loop de 9’………Los años pasan y ya en tiempo mas espaciado
coincidimos dando algún curso de lanzado y montaje en Salmo, concursos de
pesca, etc.……y de repente me entero que Julito esta escribiendo un libro….lo llamo
y le digo Julio quiero ser el primero en comprarte el libro, mas que nada
movido por el recuerdo de aquella cena en Parga y así fue….en la pasada Feria
de Pescavalga me vendió y dedicó el libro…..Gracias Julio.
El pasado Sábado fue
la presentación oficial del libro en Santiago, me envío a través de Miguel
Piñeiro, la invitación…lamentablemente y por ser víspera de la apertura de la
temporada de río, tocó trabajar y no pude asistir, lo siento Julio, Miguel y
Alberto me hubiese encantado estar ahí, se que comprendéis mi ausencia………
Solo me queda
animaros a escribir el próximo libro para ediciones Trueiro
INTERVENCIÓN
DE JULIO SEIJAS EN LA
PRESENTACION OFICIAL DEL LIBRO COUSAS DA MOSCA
Hola. Boas noites.
Hai sete anos Miguel propúxome facer unha colaboración no programa da radio,
Ríos e Montes. Tratábase de montar unha mosca axudando ou iniciando aos oíntes
no mundo do torno. Xa levábamos un par de programas montando unhas moscas moi
sinxelas, cando un día dóuseme por facer unha mosca en cul de canard e cando
dixen cul de canard Miguel saltou rápidamente: ¡Julio, será cu de parrullo! Eu
quedei calado por un instante xa que nunca reparara en que en galego o cul de
canard é cu de parrulo. Non
podía nin imaxinar que aquelo iba a acabar neste libro...
Efectivamente, a terminoloxía que usamos en Galicia é preferentemente
anglosaxona por ausencia dun léxico autóctono. Eu podo comprender que teñamos
que asumir moitos términos foráneos pero temos outros, como o cu de parrulo,
que debemos usar e potenciar.
Esto non é unha xustificación á miña aportación neste libro. Como
responsable do dicionario do mosqueiro agardo que deixemos de utilizar palabras
raras e comencemos a falar para entendernos.
Galicia, como sabedes moitos de vós, está marcando unha época. Somos auténticos
privilexiados, cos campeonatos, con alguns competidores, cos Artesáns da Pesca,
cos talleres e escolas e pesca. Xa quixeran noutras autonomías ter a forza que
hai aquí.
Ata hai pouco tempo tiñámos que ir nós afora a aprender, hoxe veñen os de fora
a aquí e iso di moito do noso nivel da pesca a mosca.
Pero, ao igual que no caso de Alberto, este é o meu primeiro libro e chegar
aquí non foi nada fácil.
Cando meu pai tiña vacacións voltábamos a Galicia, eu tiña uns 8 ou 9 anos e me
dedicaba a andar en bici, sair coa miña carabina de aire comprimido e ir polas
tardes coa miña cana de bambú que gardaba debaixo das uralitas que cubrían o
forno donde se cocía o pan.
Xa contaba cunha cana de carrete pero aquel río ao que me deixaban ir a pescar
era pequeno e estreito e non tiña sentido usar cana con carrete.
Despois de moitos anos fóra da terra, meus pais axudáronme a establecerme en
Galicia.
Na miña perruquería, en Lugo, empezamos a impartir cursos de montaxe de moscas.
Éramos catro amigos que se xuntaban os venres pola noite. E foron moitos
aficionados á pesca os que se achegaban desde as catro provincias galegas. Cada
venres sempre tiñamos alguén novo. Todos coa mesma inquedanza: aprender a
pescar a mosca. Por certo, Oscar Gayoso sae en todas as fotos. Qué gratos recordos
temos daquelas xuntanzas e quen nos ía dicir que hoxe seguimos sendo parella...
pero nos campionatos de pesca. Tempo despois viaxamos xunto con Alberto Mera, o
noso profesor no río, a Estados Unidos, unha experiencia única que nos aportou
moitísimos coñecementos de montaxe de moscas e utilización de todo tipo de
materiais.
Un tempo antes, nun curso de montaxe que impartín con LuisPi, coñecín a Miguel,
cando ainda estaban nacendo ou collendo corpo os proxectos que hoxe xá son
realidade. Daquela era un
home moi comedido. Escoitaba todo o que alí dicíamos. Sempre de pe e ao fondo
da aula. A mín me extrañaba moito aquel comportamento, pero como era amigo de
LuisPi… Eu seguía ao meu. Co tempo, Miguel me demostrou que é
o que se dí un amigo, desinteresado, e digo isto porque logo me invitou a
compartir xornadas de pesca cos profesionais dos medios de comunicación de toda
España e conseguía que eu me sentise un mais entre eles. Así coñecín a grandes
amigos como Joaquin España, Juan Delibes, Pérez Henares, Guy Roques, Paco
Redondo, Pepe Casal... un montón de xornalistas e colaboradores dos medios de
comunicación nacionais e incluso internacionais.
Froito desa amizade brindáronme a oportunidade de sentarme na mesa da súas
casas e puiden compartir xornadas irrepetibles con Moralejo, Cobo, Alberto... e
te demostran que es un amigo mais. Iso para min é o que mais me enche de
orgullo. De todos estes anos gardo lembranzas de por vida, como a Feira do
Salmón de Cornellana, a consecución da Carta de Artesán, a nosa casa Waldemar,
o nacemento do Xornal Trueiro, o Encontro de Prensa de Vilagudin e moitos mais
eventos que vives intensamente pensando sempre no próximo ano.
Miguel e Alberto. Eles son parte fundamental dos éxitos e dos logros. Miguel
encauzou o rumbo hai moitos anos e agora con Alberto xa non hai distancias, non
hai impedimentos, non hai fronteiras.
Hai dificultades pero eles
aportan solucións. Gracias por permitirme acompañarvos neste libro. Para min é
todo un luxo figurar a carón de vós. Grazas por confiar en min todos estes anos
e grazas por escollerme coma compañeiro no que é o meu primeiro libro.
Grazas tamén a Juan José Moralejo por facerme participe do teu bo humor,
da tua finísima ironía, do teu saber estar, do teu talento. Aínda que te molles
os pés no río Ulla en Monterroso…
Grazas a Fernando Cobo por regalarme parte da súa valiosa sabeduría.
Tamén debo agradecer a Manuel Guitián e ao Corte Inglés a atención que sempre
nos brindan.
Son tantos e tantos os compañeiros de viaxe que seguro que me esquezo dalgún
polo que lle pido disculpas. Graciñas á familia Gayoso, Estrada, Nitas,
Saavedra, Papito,
Natas, Caballo, Manel, aos Mera, Muras, Montalbán (De La Torre, por su madre),
LuisPi, Cibeira, Juan Gayoso, Manolo de Foz, o home do saco (Cándido Aguiar, o
meu grande amigo), a Comba o Marqués e Mestre das Afogadas, a Castrillejo, aos
Arcay, Seoane, Merayo, Vázquez Regueiro, Caballero, Porto, Muíños, Fonticoba,
Delmiro, Escarcha, Longo, Verdes, Alberto López...
Non podo esquecer a todos aqueles outros que desde hai tantos anos me acompañan
fielmente nesta singladura da mosca en cursos, feiras e talleres. A todos, os
que están desde o primeiro día e aos que se veñen sumando últimamente, quero
agradecer o apoio que me brindastes. Graciñas por axudarme a vadear con firmeza
o río da superación persoal porque coa vosa forza e alento hoxe acado un dos
meus soños.
Por último, debo agradecer a comprensión da miña familia cos que estou en
débeda de por vida, por entenderme e respetarme. Aos meus pais Pepe e Alicia e,
en especial, á miña muller Elena e á miña filla Laura. Este é un logro que
quero compartir con vos. Meu pai dóume a miña primeira cana nun río de Segovia
hai corenta anos e agora vós sodes o meu osíxeno todos os dias.
Quérovos.
Graciñas e boas noites.